A comisión urbanística investigará os bens de Rey, Goldar e Pérez

    juan_manuel_rey100.jpgCALDAS> Os portavoces do PP, ICdR e mailo alcalde acordaron analizar a situación urbanística dos seus bens inmobiliarios.

    {flowplayer}images/salnes/comision_urbanistica_caldas.flv{/flowplayer}

    CALDAS> Os portavoces do PP, ICdR e mailo alcalde acordaron analizar a situación urbanística dos seus bens inmobiliarios en dúas xuntanzas que se celebrarán mañá e pasado. Onte á tarde celebraron a primeira reunión da comisión de investigación creada no último pleno, a raíz dunha nova na que dicía que o alcalde residía nunha vivenda construída sen licencia.

    O rexedor, quen xa aclarou que a vivenda é de seus pais e que non ten licencia, asegura que a seu nome só ten unha propiedade e que está en regra. Pola súa banda, o PP asegura que eles non teñen nada que ocultar e que participan nesta investigación coas mans limpas. Espera que esta comisión permita poñer sentidiño e frear o debate antes de por en perigo as propiedades doutros veciños.

    O alcalde non cre que se poida parar este debate, a pesar da investigación que van facer, senón que será un tema recorrente durante as eleccións. Rey ten claro que detrás desta historia están membros do Partido Popular co ánimo de empañar a vindeira campaña das Municipais.

    Unha vez estudiado patrimonio de cada portavoz, a comisión decidirá se afonda na situación urbanística do concello.

    Redacción Salnés