Plademar expón as conclusións esencias das xornadas en defensa da Ría de Muros e Noia

    NOIA> A Plataforma en Defensa da Ría de Muros e Noia esixe ás administracións responsables que se fagan cargo do mantemento e reparación das balsas das Minas de San Finx. É só unha das peticións que Plademar fixo esta mañá durante a exposición das conclusións das Xornadas que organizaron ó longo deste mes. Os membros de Plademar, a Plataforma en Defensa de Ría de Muros e Noia, extraeron varias conclusións esenciais da Xornadas que organizaron durante este mes, e nas que contaron con recoñecidos expertos neste campo. Por unha bandao, Plademar pídelle ás administración públicas respona responsables que fagan urxentemente as analíticas necesarias no río, os pozos e as fontes da zona para ver se esa auga contaminada pode acabar afectando á ría e á poboación da zona. Ademáis, despois de escoitar as explicacións dos expertos, os membros da plataforma piden que a Administración se faga responsable do mantemento e reparación das balsas das Minas de San Fins visto o deixamento por parte da empresa. Outras das necesidades que detectaron durante as xornadas organizadas por plademar é que se paralice o proxecto de rexeneración da ría e evitar que se removan os fangos. Outra das súas conclusións principais, foi a defensa dunha Denominación de Orixe Protexida para o berberecho galego, tal e como lles aconsellaron os responsables da DOP do Mexillón. Deste a plataforma chaman a atención tamén sobre a urxencia de depurar as augas ácidas que salen da Mina de San Fins con un método efectivo, que se depuren o 100% das augas residuais da Comarca de Noia , e que se controlen as plantacións de eucalipto e se limpen os montes.