A Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia premia a excelencia

    medallas copia100.jpgPONTEVEDRA> O C.R.D.O. Rías Baixas, Turismo Rías Baixas ou o Albariño Pazo Baión, entre os premiados coa Medalla Dagda.

    {flowplayer}images/salnes/PREMIOS_GASTRONOMIA_TURISMO.flv{/flowplayer}

    Albariño Pazo Baión e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas e Turismo Rías Baixas, coroáronse onte como os triunfadores dentro das súas categorías. Respectivamente, recolleron as medallas Dagda que recoñecen o mellor produto do ano e as mellores accións de promoción durante o 2010.

    Dentro da categoría de conservación do patrimonio, o máximo galardón recaeu no Ministerio de Fomento polo 1% de inversión que destina a esta labor. No acto estivo representado polo seu principal responsable, José Blanco, que na súa intervención apostou por Galicia.

    Como recoñecemento ós finalistas en cada categoría, a organización fixo entrega dos Premios HG&T- Agaxet, entre os que figuraron o Grupo Calvo, polos seus proxectos empresariais, ou o Concello de Poio, polas súas accións de promoción.

    Durante o evento, ó que asistiron máis de 500 persoas, tamén se fixo entrega dos diplomas ó podio do décimo primeiro Campionato Galego de Cociñeiros, celebrado recentemente en Ferrol.

    Redacción Salnés