A Quiniela deixa un premio de catrocentos mil euros en Ribeira

RIBEIRA> A sorte volveu visitar a administración de Lotería Número 1 de Ribeira. Desta vez en forma do pleno ó quince da quiniela cun premio que supera os catrocentos mil euros.

Algo máis de catrocentos mil euros por dous euros de aposta. Este é o premio que recibirá o afortunado apostante da quiniela que resultou premiada, ademais por partida dobre.

Foi o propio afortunado quen lle deu a noticia ó propietario da administración posto que nada máis decatarse, ben cedo esta mañá, presentouse no establecemento coa boa nova.

Joaquín Valeiras agarda que este premio supoña un revulsivo para as vendas que se viron notablemente reducidas coa pandemia.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí