O Pazo de Goiáns abre ó público tras máis de dous anos de rehabilitación

BOIRO> O Pazo de Goiáns reabriu as súas portas tras máis de dous anos de rehabilitación. O edificio principal e a finca xa foron acondicionados e permanecerán abertos ó público para disfrute dos veciños.

En 2010, o Pazo de Goiáns volvía formar parte do patrimonio público de Boiro e no 2019 iniciábanse as obras da súa ansiada rehabilitación. Tras máis de dous anos e medio de obras, o edifico principal e a finca locen xa a súa mellora cara tal e como pudieron comprobar os boirenses que asistiron ó acto inaugural ou á romaría das letras que se este ano xa se puido volver a celebrar no pazo.

O alcalde destacou o gran traballo de rehabilitación desenvolvido no inmoble, respectando o seu aspecto orixinal. Un traballo que terá a súa continuidade coa reforma do resto de edificacións do pazo como a capela, os lagares, a vivenda de servizo e o pombal.

O acto contou tamén coa asistencia do deputado provincial de Cultura, Xurxo Couto,quen destacou o gran resultado da rehabilitación deste espazo que, a partir de agora, encherase de contidos.

Ademais dos veciños e membros da corporación, o acto contou tamén coa asistencia de ex alcaldes e concelleiros que traballaron a reo pola recuperación do pazo así como representantes de diversas entidades do tecido asociativo de Boiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí