O PP da Pobra aspira a acadar a maioría absoluta para poder gobernar

A POBRA> O candidato do PP da Pobra presentaba este sábado ó seu equipo. Arroupado por alcaldes e compañeiros de toda a comarca así como pola Conselleira de Infraestruturas, Manuel Durán deu a coñecer o programa co que pretende transformar A Pobra nos próximos catro anos.

O teatro Elma quedou pequeno para a gran cantidade de veciños e compañeiros de partido que quixeron acompañar a Manuel Durán na súa presentación como candidato do PP da Pobra. Entre eles, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade quen destacou a valía de Durán e o seu equipo para encabezar o goberno pobrense.

Manuel Durán animou ós veciños a confiar no seu proxecto de cara ós próximos catro anos, conscientes de que a única opción de gobernar é acadar a maioría absoluta. Entre as súas principais propostas destaca a ampliación do polígono, a circunvalación e a humanización da Pobra.

A candidatura do PP pobrense aúna renovación e continuidade. Durán recupera nesta nova esta a Encarna González, concelleira durante doce anos durante os mandatos de Isaac Maceiras.

Xunto con González Montemuíño completan os postos de saída Jesús Dieste, María González e Beatriz Martínez Outeiral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí