Guillerme Vázquez: ‘Boiro é un exemplo para xerar emprego’

    visitaguillermevazquezboiro_100.jpgBOIRO> O portavoz nacional do BNG estivo no municipio onde realizou unha visita o centro de formación de Hostalería e o viveiro de empresas de Espiñeira.

    Acompañado polo grupo municipal do BNG de Boiro e a deputada provincial, Rosana Pérez, Guillerme Vázquez trasladouse ata o polígono de Espiñeira onde visitou as obras de construción do centro de formación e o viveiro de empresas, unha iniciativa posta en marcha polo concello de Boiro que foi merecente do premio ‘Cidade das Ciencias e a Innovación’. O voceiro nacionalista puxo a Boiro como un exemplo de concello que promove iniciativas que xeran emprego.

    {flowplayer}barbanza/visitaguillermevazquezboiro.flv{/flowplayer}

    Anteriormente, o voceiro nacional do BNG estivera na rúa peonil da localidade onde realizou un reparto informativo entre a cidadanía da manifestación que terá lugar o día 13 en Santiago en defensa do emprego.

    Vázquez afirmou que a sociedade galega para dicir ten dereito a demandar un cambio radical nas políticas que esta a face o goberno da Xunta de Galicia e que, dixo, "nos están levando a unha situación cada día peor".

    Redacción Barbanza