Continúa a busca do ex mozo da rapaza asasinada en Noia

    asasinatonoia_100.jpgNOIA> Miguel Hervella Vilariño segue a ser o principal sospeitoso, malia que os investigadores manteñen abertas varias liñas de investigación.

    Nada se sabe de Miguel Hervella Vilariño dende que o pasado venres a súa ex moza Gloria García Martinez, unha noiesa de 19 anos, aparecera apuñalada no interior da súa vivenda, agresión que lle causa a morte. Nin familiares nin amigos do rapaz, un mozo de trinta anos que reside no concello de Teo, coñecer o seu paradoiro.

    Vila conmocionada

    Axente da Policía Xudicial da Garda Civil investigan o crime, sen descartar ningunha hipótese, pero centrándose na procura de Miguel Hervella. O Xulgado de Noia xa emitiu unha orde nacional de localización e retención do mozo.

    {flowplayer}barbanza/asasinatonoia.flv{/flowplayer}

    A Garda Civil tamén trata de atopar o seu vehículo, un Alfa Romeo de cor gris e investiga as derradeiras chamadas realizadas co seu teléfono móbil. Namentres a vila de Noia sigue conmocionada polo brutal asasinato.

    Celos excesivos

    A familia de Gloria é moi coñecida na vila, polo que o pesar pola morte da rapaza aínda é máis sentido. Tamén era sabida a relación que mantiña dende hai dous anos con Miguel Hervella, ó que coñeceu a través da Internet na súa etapa de estudante universitaria. Dende facía dous meses xa non saían xuntos. Detrás da ruptura puideron estar os excesivos celos do mozo.

    Centos de persoas acompañaron os familiares no funeral da moza, que se celebrou no día de onte na igrexa de San Martiño. Na espera de que se aclaren as circunstancias do crime e a autoría do mesmo, de momento, o Tribunal de Xustiza de Galicia non o contempla como un caso de violencia contra a muller.

    Con todo, ducias de persoas concentráronse na tarde do sábado na praza do concello perante unha pancarta co lema ‘Noia contra a violencia de xénero’ para mostrar a súa repulsa por este asasinato.

    Redacción Barbanza