As xornadas Valle-Inclán achegarán a figura do autor a tódolos públicos

    POBRA> A Asociación de Amigos do museo Valle-Inclán, o concello pobrense e o museo Valle-Inclán, en colaboración con diversas entidades, entre elas a consellería de Cultura e Turismo e a Deputación da Coruña, volverán a dedicar o mes de outubro a homenaxear a figura do seu escritor máis universal: Ramón María del Valle-Inclán. As xornadas, que este ano chegan á súa décimo sétima edición, presentan un amplo programa de actividades nos máis variados eidos culturais.As actividades que se prolongarán ó longo do presente mes iniciáronse o próximo martes cunha conferencia do escritor Xosé Neira Vilas. Será ás oito da tarde no propio auditorio do museo Valle-Inclán. As actividades continuarán posteriormente durante todo o mes con máis representacións teatrais, o monólogo de Sergio Pazos, recitais poéticos ou unha exposición con ilustracións de Héitor Picallo. Tamén haberá tempo para un magosto e unha excursión por aquelas localidades máis vinculadas ó autor de Luces de Bohemia, sen esquecer dúas presentacións. Unha da revista Cuadrante e outra un libro-biográfico do propio Valle, realizada polo seu neto, Xaquín del Valle-Inclán Alsina. Aproveitouse tamén a presentación para dar a coñecer o retrato ó óleo de Valle-Inclán realizado polo artista ribeirense Ricardo Jaime Rincón-Benzalá Fernández que lle foi cedido ó museo pobrense e que será empregado este ano coma ilustración do cartel das xornadas.