‘O centro de día estará rematado nun prazo de un mes’

    fotodelfincopia.jpg CATOIRA> Así o anunciou o alcalde do municipio durante a visita do subdelegado do goberno. Delfín Fernández coñeceu esta mañá as obras do edificio multiusos.

    {flowplayer}images/salnes/VisitaDelfinCatoira.flv{/flowplayer}

    Alberto García dixo nesta visita que o centro de día estará rematado nun período de un mes e que o resto do edificio multiusos aínda que teñen de marxe para rematalo ata o 2012, estará feito este mesmo ano.

    O subdelegado do goberno Delfín Fernández visitou o estado das obras deste centro e tamén a situación das labores de conservación do río Catoira. Actuacións que se están a levar a cabo con cargo ó Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local. E que xuntas supoñen un coste de 320.000 euros.

    Con todo o alcalde quixo deixar claro que aínda que o edificio se remate nun mes, despois será preciso que a Xunta financie a posta en funcionamento do centro para que poida abrir as súas portas. E

    sta semana Alberto García reunirase co Consorcio galego de servizos sociais para tratar de chegar a un acordo. Pero tamén anunciou que non porá a disposición da xunta o edificio se as condicións que lles impoñen non cumpren as súas expectativas.

    O alcalde tamén aproveitou a presenza do subdelegado para presentarlle in situ o proxecto previsto para o entorno das Torres do Oeste, financiado polo Ministerio de Fomento con case 1 millón 360 euros. Esta actuación consistirá na construción do Centro de Activación do Patrimonio histórico e artístico nas inmadiacións do xacemento arqueolóxico.

    Redacción Salnés