O alumnado do obradoiro de emprego de Cambados reforma por completo o lavadoiro da Cruz

CAMBADOS> O alumnado do obradoiro de emprego de Cambados reforma o lavadoiro da cruz de Oubiña. A intervención afectou a toda a instalación, dende as pedras da pía ata o tellado. O alumnado demostrou as súas destrezas nos ámbitos da carpintería, albanelaría e cantaría.

Os alumnos do obradoiro de emprego de Cambados demostran en cada traballo que realizan que xa están capacitados para a súa inserción no mundo laboral. A última intervención que levaron a cabo é a da renovación do lavadoiro da cruz de Oubiña. Uns traballo que pon de manifesto as súas destrezas nos campos da carpintería, albanelaría e cantaría.

O obradoiro de emprego de Cambados ten unha duración de nove meses. Ao longo deste tempo, os participantes realizan varias obras no concello a fin de mellorar os seus coñecementos. Para a construción do novo lavadoiro, o alumnado leva 2 meses de traballos. A parte da cantaría é a que lle supuxo máis dificultades

Dende o concello destacan as labores que realizan dende o obradoiro e que repercuten en toda a veciñanza. Para Samuel Lago, o alumnado demostra que xa está capacitado para traballar profesionalmente.

As obras do lavadoiro complementan a outras actuacións que o obradoiro de emprego realiza por todo o concello de Cambados. Ante o éxito desta reforma, dende o concello e o obradoiro estudarán a posibilidade de actuar en máis pías nas vindeiras edicións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí