Meis contabiliza 17 casos activos na súa primeira xornada con limitacións

MEIS> 17 casos activos por coronavirus e 37 contactos directos en seguimento. Esa é a situación na que se atopa hoxe o Concello de Meis. O gromo de Avigal, segundo indica a alcaldesa da localidade, está detrás da maioría dos casos.

A localidade viviu hoxe o seu primeiro día con restricións ante o avance do virus. Marta Giráldez salienta que os veciños están cumprindo as medidas. Tamén os locais comerciais e hostaleiros, que xa onte foron informados polo Concello das novas limitacións.

A alcaldesa fai un chamamento ós veciños infectados para que se poñan en contacto co Concello, para axudalos no que precisen.

A rexedora lamenta que a Xunta só facilite unha cifra de casos activos, pero ser dar conta dos casos concretos. Unha información que o concello, di, trataría de xeito confidencial e que resultaría de utilidade para dar resposta ás súas necesidades.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí