Reabre a ponte de Pontearnelas

PONTEARNELAS> Reabre a ponte de Pontearnelas. Logo dun investimento de máis de 5 millóns, esta mañá entrou en servizo esta infraestrutura para o tráfico rodado e os peóns. Na apertura estivo presente a conselleira de infraestruturas, xunto cos alcaldes de Vilanova e Ribadumia.

Hoxe reabriu por fin a ponte de Pontearnelas, logo das obras de reconstrución nas que a Xunta investiu 5,3 millóns de euros. Na súa posta en uso, esta mañá, participou a nova conselleira de infraestruturas.

A conselleira destacou os laboriosos traballos de desmontaxe da anterior ponte, tras detectarse danos en varia péndolas causados pola corrosión, o que fixo que a calzada cedese. Sobre os retrasos nas obras, a conselleira di que foi por culpa do mal tempo.

No acto de apertura os alcaldes de Ribaduma e Vilanova non agochaban a súa ledicia pola reaperutra da ponte.

A ponte dos Padriños, de titularidade provincial, sufriu no tempo que estivo pechada a ponte nova o paso de todo o tráfico rodado. Será sometida agora a unha revisión para avalia-lo seu estado.