Concentración multitudinaria dos traballadores de Clesa

    MANIFESTACION_TRABALLADORES_CLESAcopy.jpgCALDAS> Estes empregados protestaron pola grave situación que atravesa a empresa e ante a falta de pago dos seus salarios.

    {flowplayer}images/salnes/MANIFESTACION_CLESA.flv{/flowplayer}

    Esta mañá, un centenar os traballadores da fábrica de Clesa, pertencente ó grupo Nueva Rumasa, situada en Caldas de Reis, manifestáronse diante destas instalacións para defender os seus postos de traballo. A falta de información por parte da dirección e a débeda de tres mensualidades os sitúa nunha situación de total incerteza.

    Desde que as empresas do grupo Nueva Rumasa, entre as que se atopa Clesa, entraron en preconcurso de acredores, a situación destes traballadores non fai máis que empeorar. Á maioría deles débenlles a paga extra do mes de decembro e as nóminas de xaneiro e febreiro, aínda que, polo momento, están mantendo a produción.

    Polo momento, aínda non recibiron ningunha comunicación oficial por parte dos directivos do grupo. Con respecto ó goberno autonómica, a presidenta do comité de empresa sinalou que a Xunta se ten que implicar polo que xa solicitaron unha reunión co Conselleiro de Industria e o de Medio Rural. E é que farán, dixo, o que faga falta para manter os seus postos de traballo.

    Xa foron varias as empresas as que se interesaron por adquirila fábrica de Saiar. Neste contexto, a maioría dos traballadores amosaron a súa preferencia porque sexa capital galego o que adquira a fábrica. Cuestión coa que coincidiu o alcalde de Caldas.

    Ademais mostrou todo o seu apoio ó comité de empresa así coma tódolos voceiros dos partidos con representación no concello que tamén asistiron á manifestación.

    Polo momento, estes traballadores participarán o vindeiro 12 de marzo na gran manifestación que se celebrará en Madrid xunto ó resto de empresas que pertencen ó grupo Nueva Rumasa.

    Redacción Salnés