Antón Paz cóntanos a súa experiencia na Volvo Ocean Race

anton250_280509.jpgVILAGARCÍA> Antón Paz estivo estes días en Vilagarcía descansando e tomando folgos para as vindeiras etapas da Volvo Ocean Race. Esta mañá xa voltou para Irlanda pero antes, nós falamos con él para que nos contara en primeira persoa como lle está indo está aventura da VOR no Telefónica Negro.

{flowplayer}images/salnes/antonpaz_280509.flv{/flowplayer} 

Dous meses despois de deixar Vilagarcía rumbo Río de Janeiro, Antón Paz voltou á súa terra natal para descansar durante tres días, antes da regata costeira de Galway deste sábado. O campión olímpico chegou o luns pola tarde e xa marchou esta mañá cara Irlanda. Entre medias contounos que está moi satisfeito pola cantidade de cousas que está aprendendo, non en van é o seu estreo en vela oceánica.

Atrás deixou xa a etapa de 16 días entre Río e Boston, que foi especialmente dura pola súa duración e porque tivérona que facer cun tripulante de menos, pola lesión de Mike Pammenter. Pero máis dura foi se cadra esta última na que cruzaron o Atlántico nunhas condicións climatolóxicas salvaxes.

Na ‘import’ desta fin de semana, deixará o seu posto de ‘media crew member’ para converterse en tripulante. Son regatas moi duras porque se acumula o traballo. Na Copa America barcos moi similares a estos compiten con 18 persoas a bordo, eles fanno con 11.

Na última en Boston quedáronse as portas do podium. Situarse entre os tres primeiros nalgunha etapa das cinco que restan, é o obxectivo do equipo de aquí ó remate.

Cando acabe a VOR a finais de xuño, Antón voltará a traballar nos proxectos que tiña antes de embarcarse nesta aventura. Farao coa esperanza de que a Asociación Internacional venza na súa loita co COI por manter o tornado como clase olímpica.

Dentro dun mes volveremos facer balance con el. Ata entón, haberá que seguir as evolucións do Telefónica Negro no tramo final desta Volvo.

Redacción Salnés