A Pobra acolle esta fin de semana o Campionato de Bateis da Territorial Norte

POBRA> A enseada do porto comercial da Pobra será esta vindeira fin de semana o escenario elixido para a celebración do campionato de bateis da territorial norte.

Na proba tomarán parte unha ducia de clubs das provincias da Coruña e Lugo. Competirán nunha dobre xornada. O sábado, a partir das catro e media da tarde, disputarase a fase clasificatoria, e o domingo, as finais.

Os catro primeiros equipos de cada categoría clasificaranse para o Campionato Galego que terá lugar a vindeira fin de semana.

As probas finais poderán seguirse a través da canle de youtube do Club Remo Puebla

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí