Presentan o III Torneo de F8 concello de Lousame

LOUSAME> No campionato, que se desenvolverá os días 1 e 3 de maio, tomarán partte ó redor duns 600 nenos de idades comprendidas entre os seis e os doce anos. Organizado pola Agrupación Deportiva F8 Lousame e a Federación Galega de Fútbol, e coa colaboración do propio concello e o Banco Mediolanum, o torneo, que chega a súa terceira edición, está dirixido a nenos de categorías alevín, benxamín e prebenxamín. Nel tomarán parte a maioría dos clubs da comarca e arredores. Dende o concello valoraron tamén moi positivamente este campionato, que chega este ano á súa terecira edición. Ademais dos encontros, desenvolveranse diferentes actividades complementarias, tanto para nenos como para adultos, entre as que se incluirán inchables, diversos xogos de animación e sorteos de material deportivo. Trátase dun evento xa consolidado, no que o pasado ano participaron un total de 36 equipos.