Noia acollerá o II Torneo Internacional de Xadrez

NOIA> A competición, que será valedeira para o Circuíto Galego de Promoción 2016, desenvolverase no pavillón Rosalía de Castro o próximo un de maio. Baixo a organización da Escola Municipal de Xadrez, en colaboración coa Federación Galega de Xadrez e o propio concello noiés, coincidindo coa festividade do primeiro de maio vai desenvolverse na vila a segunda edición do Torneo Internacional de Xadrez Vila de Noia. A competición, valedeira para o Circuíto Galego de Promoción 2016, estará aberta a tódalas categorías, dende a absoluta a promesas. Dende a organización agárdase unha alta participación no torneo de ó redor duns douscentos xadrecistas, no que haberá ademais unha importante contía económica a repartir entre os gañadores, uns mil euros. O torneo desenvolverase a partir das dez e media da mañá no pavillón Rosalía de castro. A entrega de premios está prevista para as oito da tarde.