O concello estudará a viabilidade de deixar ó descuberto a pasarela

    concello_vilagarciacopy.jpgVILAGARCÍA> Así o acordaron na xuntanza mantida entre a edil de urbanismo, a comisión veciñal e a oposición. 

    {flowplayer}images/salnes/REUNION_PASARELA_VISTA_ALEGRE.flv{/flowplayer}

    A pesares de que nun principio a postura do concello era firme con respecto ós restos da antiga pasarela de Vista Alegre, agora semella haber un principio de acordo trala xuntanza mantida entre a edil de Urbanismo, os voceiros dos grupos da corporación municipal e a comisión veciñal.

    Aínda que Tania García non quixo facer declaracións ó respecto, desde o concello informaron que realizarán un estudo do tipo de intervención que se podería facer para deixar á vista os restos. Actuación que se corresponde coa demanda que desde un principio facían tanto comerciantes coma veciños.

    E é que antes de que os técnicos redacten un proxecto terá que ser consultado con Patrimonio se é necesario a intervención dun arqueólogo e se este tería que ser o encargado de redactalo documento.

    Ó tempo as obras de peonalización continuarán coma estaba previsto. O voceiro de EU resaltou que un proxecto específico para esa actuación non tería porque repercutir no resultado final.

    Pola súa banda, BNG, IVIL e PP destacaron o aspecto positivo da xuntanza xa que se tivo en conta a demanda dos veciños. O voceiro popular engadiu que todas estas dúbidas non responde máis que á improvisación do goberno local.

    Desde o concello sinalaron que no prazo de quince días despexarán estas dúbidas e decidirán se procede ou non tapalos restos. Na primeira opción sería mediante unha ventá arqueolóxica. Mentres tanto, a pasarela permanecerá cuberta.

    Redacción Salnés