![]()
SANXENXO> A polémica sobre a suposta ameaza do tenente de alcalde de Sanxenxo ó edil socialista José Buezas…
{flowplayer}images/salnes/vips_sanxenxo.flv{/flowplayer}
… unha vez rematado o pleno deste pasado luns segue dando que falar. Se onte era o PSOE o que pedía á Alcaldesa que votase á José Luís Rodríguez do goberno é do Consistorio, hoxe é o PSOE Provincial ó que fai piña en favor do actual edil José Buezas.
Desde o PSOE provincial mandan unha mensaxe de solidariedade á agrupación local de Sanxenxo e ó seu compañeiro José Buezas polo que entenden que é unha presión na súa labor democrática como oposición. Denuncian que non é de recibo consentir este tipo de actuacións en torno a unha sesión pública e máxima cando está latente a polémica no Parlamento galego sobre o comportamento no mesmo.
Xusto no intre no que Santos Héctor estaba a facer estas declaracións José Luís Rodríguez chegaba ó Concello. Deu volta no seu camiño para oílo e intres máis tarde non ocultaba a súa indignación polo que cualificou de morea de mentiras que se están a dicir sobre el. O tenente de alcalde non quixo facer declaracións a cámara por recomendación do seu avogado, alomenos polo de agora; pero si que se pronunciou sobre os feitos para Canalriasbaixas, e recoñeceu ter chamado ós voceiros da oposición para coñecer de que parte estaban. A versión de Rodríguez é radicalmente distinta á ofrecida por Buezas, aínda que se ampara no off de record para non dala a coñecer, polo de agora.
O que si quere que se saiba é que el non se dirixiu a Buezas directamente en toda a sesión plenaria aínda que si recoñece que se puido dar por aludido nunha pregunta que el formulou á Alcaldesa sobre presuntos infractores urbanísticos que realizou en terceira persoa.
Ó final do pleno, e sempre segundo Rodríguez, sería Buezas o que se achegou a el para pedirlle explicacións e insultándoo repetidamente cos cualificativos de “traidor e pesetero” ata que unha persoa os separou.
Logo Buezas tería ido ó seu encontro de novo no exterior do Concello, cando Rodríguez se dispoñía a marcharse a casa no seu coche. Aínda máis, Rodríguez, xurou repetidas veces pola “Santa de mi madre que nos esta vendo”, palabras textuais, que nunca ameazou a Buezas. O asunto esta en mans da xustiza.
Redacción Salnés







