37 millóns de euros en emendas do BNG para a comarca do Salnés

O SALNÉS> O Parlamento de Galicia aprobará este martes os orzamentos da Xunta para 2026. Unhas contas que superan os 14.200 millóns de euros e que non convencencen ao BNG do Salnés. Os nacionalistas presentaron unha batería de emendas para a comarca por un importe de 37 millóns de euros para melloras para a sanidade, servizos sociais ou o saneamento e rexeneración da ría de Arousa. Lamentan que o PP aplique o seu ‘rolo parlamentario’ para non ter en conta ningunha destas peticións.

Logo de ter presentado unha emenda á totalidade ao documento orzamentario do ano que vén, rexeitada polo PP, o BNG presentou unha batería de emendas para O Salnés por un importe de 37 millóns de euros ás contas da Xunta para o ano que vén, que sairán adiante este martes no Parlamento. Son, en concreto, medio cento de propostas, moitas delas -por un importe de case 5 millóns de euros- sobre sanidade. Entre elas, aumentar o persoal do Hospital do Salnés.

Ou garantir as urxencias pediátricas as 24 horas no Hospital.

En política social, emendas por 5,5 millóns de euros para a ampliación das escolas infantís do Grove e Cambados e catro novos centros de día para a comarca.

Tamén 2,7 millóns de euros para a compra do antigo asilo de Cambados

Outra das áreas que salientan son actuacións nas infraestruturas marítimas, saneamento e melloras medioambientais.

En materia de ensino propoñen case un millón de euros, así como medio millón para o cuarto xulgado de Vilagarcía, outro tanto para un plan para a desestacionalización do turismo e 2,5 millóns para actuacións na rede viaria.