Os alumno do Valle Inclán de Portonovo somérxense no programa “O sabor da aventura está no mar”

SANXENXO> O programa educativo “O sabor da aventura está no mar” chegou a Portonovo. A conselleira do Mar explicou o programa ó alumnado do Valle Inclán. Fomentar o consumo de peixe e amosar os traballos do sector son os obxectivos do plan.

Esta mañá os alumnos do Valle Inclán achegáronse a lonxa de Portonovo para asistir ó programa educativo “O sabor das aventuras está no mar”. O proxecto creado pola Consellería do mar, naceu no 2010 destinado a fomentar o consumo de peixe entre ós máis mozos e darlles a coñecer os oficios relacionados co mar.

A Conselleira explicou que con este programa achégase o mar ós máis pequenos para que  aprendan a valorar todo o que comporta. Permitindo ós nenos e nenas aprender divertíndose.

O alumnado do Valle Inclán mostrouse moi atento as explicacións e actividades e demostran todo o aprendido.

Máis de 51 mil nenos xa se achegaron a este programa que seguirá navegando polos centros educativos galegos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí