A suma da data de nacemento do primeiro fillo será o premio

    campana_comercio_vilagarciacopy.jpgVILAGARCÍA> Deste xeito, a Asociación Zona Aberta tenta promover as compras nos seus comercios para o día do Pai.

    {flowplayer}images/salnes/CAMPANA_PAI_ZONA_ABERTA.flv{/flowplayer}

    Con motivo da celebración do día do pai, o vindeiro 19 de marzo, a Asociación de Comerciantes Zona Aberta de Vilagarcía presentou, esta mañá, a súa campaña para este día.

    Coma de costume farán un sorteo entre tódolos clientes dos establecementos asociados pero, este ano, cunha característica peculiar. O premiado levará un cheque regalo coa cantidade que resulte da suma dos números da data de nacemento do seu primeiro fillo, multiplicado por dez.

    Os usuarios dos establecementos da vila poderán facer as súas compras desde mañá mesmo onde xa atoparán os boletos para participar no sorteo. No propios comercios haberá urnas nas que poder depositalos boletos.

    Desde a asociación animan ós veciños da comarca a que fagan as súas compras en Vilagarcía.

    O sorteo o celebrarán o día 21 de marzo ás nove da noite no local da asociación.

    Redacción Salnés