O PP está convencido de recuperar a alcaldía de Pontecesures

    juan_manuel_vidal100.jpgPONTECESURES> Juan Manuel Vidal promete crear emprego, potenciar o comercio local e modernizar as infraestructuras. 

    {flowplayer}images/salnes/candidato_pp_pontecesures.flv{/flowplayer}

    PONTECESURES> Crear emprego, potenciar o comercio local e modernizar as infraestructuras do concello. Son as promesas feitas onte por Juan Manuel Vidal Seage, candidato do PP de Pontecesures.

    Onte foi a súa presentación e comprometeuse a lograr un maior nivel de benestar para o Concello. Parafraseando a Borobó, pediu o apoio dos veciños para acadar maioría absoluta nas Municipais de maio.

     Vidal estivo arroupado polo presidente provincial do PP Rafael Louzán e polo conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández. Destacaron as gañas de traballar, a xuventude e o compromiso do candidato e, tendo en conta os resultados das últimas eleccións xerais e autonómicas, ven doado recuperar a alcaldía cesureña.

    Os populares aproveitaron este acto para inaugurar a nova sede local.

    Redacción Salnés