Cambados logra saír do nivel máximo e recupera a súa mobilidade

CAMBADOS> A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés recupera nesta vindeira medianoite a súa total mobilidade. Cambados deixará esta noite o nivel máximo, rematando así o seu peche perimetral. A localidade vaise situar no nivel alto, con Vilanova, Ribeira ou A Pobra, que sube. Iso tradúcese tamén nun alivio para a hostalería que, polo menos, xa pode servir en terraza.

Pouco máis de dúas semanas despois, Cambados di adeus ao nivel máximo de restricións. O seu paso ao nivel alto tradúcese na fin do peche perimetral e na supresión do toque de queda.

Na localidade hai hoxe 57 casos, tres máis ca onte. A cifra dista xa moito daqueles 95 casos que se chegaron a rexistrar hai tan só unha semana.

O cambio do nivel implica tamén que a hostalería poderá servir en terraza, cunha capacidade do 50%. Un alivio que tamén agradece o comercio local.

O paso ao nivel alto implica tamén a volta a certa normalidade de servizos como a biblioteca ou os espazos culturais. Sobre as actividades programadas ao longo de todo o mes co gallo das Letras Galegas, o concello confía en poder reprogramar en vindeiras datas o maiore número de actuacións posibles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí