A construción e a industria retoman a súa actividade a medio gas

RÍAS BAIXAS>  Os servizos non esenciais retomaron hoxe a súa actividade. Despois de 15 días de parón, centos de persoas regresaron ó seu posto de traballo na nosa contorna. Sectores como o da construción ou os polígonos reactiváronse hoxe, pero a medio gas.

Unha parte da economía retomou hoxe a súa actividade, logo de dúas semanas suspendida. Centos de persoas incorporáronse hoxe ó seu posto laboral, coa reactivación dos sectores “non esenciais”.

Entre os que volven ó traballo, atópase parte da industria. Na nosa contorna, o remate desta hibernación de 15 días ten pouco impacto, pola forte dependencia do sector servizos, que mantén a súa actividade paralizada.

Tamén volveu hoxe á actividade o sector da construción, aínda que só no caso de obras novas.

Tamén retoma a actividade a obra pública. Moitos Concellos xa se están a poner ó día coa situación de cada un dos proxectos, para retoma-los traballos. É o caso, por exemplo, do de Pontevedra, onde moitas actuacións quedaron paralizadas polo coronavirus.

Sobre as condicións de seguridade, o goberno central editou unha guía de boas prácticas con recomendacións para os traballadores para previr novos contaxios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí