O obradoiro de hostalería do Salnés organiza unha xornada micolóxica con 4 elaboracións diferentes con cogomelos

SANXENXO> O obradoiro de hostalería da Mancomunidade do Salnés realiza unha xornada de cocina micolóxica. O alumnado elaborou catro pratos diferentes con cogomelos collidas por eles mesmos nos montes de Sanxenxo. A xornada contou co micólogo Miguel Ángel Delgado que fixo un relatorio para ensinar a distinguir os fungos velenosos dos comestibles.

O obradoiro de hostaleira da mancomunidade do Salnés forma aos seus alumnos para convertelos en expertos en todos os campos da hostalería. Esta semana, aproveitando o outono, o obradoiro destinou as clases á micoloxía.

A proba final foi unha xornada micolóxica na que o alumnado de cociña elaborou 4 pratos diferentes que incluían setas.

Para coñecer cales son as setas comestibles e cales son as velenosas, o obradoiro contou co micólogo Miguel Ángel Delgado. O experto participou na xornada para facer un relatorio para ensinar a diferenciar as setas.

Ao showcooking asistiron 35 persoas, o máximo de capacidade da nova sala do obradoiro de hostalería do Salnés. O alumnado puido poñer en práctica todo o aprendido.

As setas empregadas na xornada foron collidas no propio monte polo alumnado, acompañados por Miguel Ángel Delgado. Ademais das setas comestibles, tamén recolleron as velenosas para expoñelas na xornada e que axudar a que os visitantes aprendan a distinguilas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí