EU denuncia o estado no que se atopa a urbanización de Villa Güimil

    villa_guimilcopy.jpgVILAGARCÍA> O seu voceiro confesa que nada se sabe das cesións ó concello: as 55 prazas de aparcamento públicas e as zonas verdes.

    {flowplayer}images/salnes/EU_VILLA_GUIMIL.flv{/flowplayer}

    O voceiro de Esquerda Unida, Juan Fajardo, confesou que foron a única formación que no 2007 se opuxo ó estudo de detalle de Villa Güimil por entender que as cesións que o concello acordara coa promotora eran dificilmente practicables.

    Tratábase de 55 prazas de aparcamento públicas e máis de 2500 metros cadrados de zona verde. Ademais, sinalou que houbo un acordo posterior polo que o concello lle permitía facela obra por fases, sen contar cun prazo de execución. Con todo, nestes momentos, confesa, nada se sabe das cesións a Ravella, cando xa hai vivendas habitadas. Denunciou, tamén, o estado lamentable no que se atopa a villa, con gran valor histórico.

    Ademais se ía urbanizalo entorno da igrexa de San Xosé e a rúa que da acceso ó colexio da Escardia e á estación de tren. En ningún dos dous casos está executada a obra. Engadiu que as condicións de seguridade non son as mellores para os que transitan pola zona.

    Fajardo tamén fixo unha comparativa coa urbanización do Bosque dos Desamparados onde o aproveitamento era menor que en Villa Güimil e neste caso as cesións aínda están pendentes.

    Con todo, piden explicacións ó concello ante o que denominan unha falta de compromiso cos veciños de Vilagarcía.

    Redacción Salnés