Un coñecido deportista de elite prenderá lume ó galo Fodorico

entroido_poio copia.jpg POIO> O Entroido pechará sen o Enterro do Mexillón pero cunha gran festa infantil organizada pola Asociación Cultural Ronsel.

{flowplayer}images/salnes/PROGRAMA_ENTERRO_GALO_FODORICO.flv{/flowplayer}

Sen o Enterro do Mexillón, retirado a última hora do cartel polo Ateneo Corredoira, pero cunha gran festa infantil como novidade. Será na tarde do sábado, a partir das cinco. Animación e contacontos cos que ir quentando motores para velar, pola noite ó símbolo por excelencia do entroido poiés, o galo Fodorico.

O cortexo fúnebres sairá do Convento ata a praza de Arís. Alí lerase o seu testamento e a continuación procederase á súa queima. O encargado de acender o lume: un deportista de elite do que non quixeron desvelar o nome. Despois, festa rachada a cargo do ‘Grupo Naranja’ e degustación de Lacón con grelos. Pero o Entroido non remata aquí. O domigo 20 de marzo haberá baile de disfraces organizado pola Asociación Cultural de Raxó.

Redacción Salnés