Os afectados de A Carabuxeira, indefensos ante as administracións

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/17/praia_carabuxeira_170314.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/17/praia_carabuxeira_170314.mp4{/flowplayer} 

 

SANXENXO> Os afectados da praia da Carabuxeira continúan coas súas protestas. Esta mañá, volvéronse concentrar no areal para reclamar unha solución das administracións a un problema que está a pór en risco as súas propiedades.

As solucións non chegan para os veciños da Carabuxeira.

Para eles, o peor é a indefensión na que se atopan dende hai xa 14 anos. A construción do espigón do novo porto foi a orixe da súa problemática pero, a pesares das súas denuncias, non conseguen que o concello actúe.

Tanto é así que xa buscaron axuda noutros entes, como o Valedor do Pobo e a Casa Real. Deles recibiron respostas, aínda que pouco poden facer nestes eidos.

Os veciños ven día a día medrar un problema que vai máis aló dos danos nas propiedades privadas. Denuncian un desastre ecolóxico pola perda de area que leva anos padecendo a Carabuxeira e que cada vez ten máis difícil solución.