Continúa pechada a terceira pranta do Hospital do Salnés a piques de comezar novembro

VILAGARCÍA> O sindicato CESM- Omega insiste en que se reabra a terceira pranta do Hospital de O Salnés que continúa pechada dende antes do verán, con motivo da época estival. Unha situación que segundo afirma a representante dos traballadores do centro é insostible.

O peche da terceira pranta do Hospital de O Salnés continúa a xerar polémica entre os sanitarios que traballan no centro, e que ven nesta medida un erro, que empeora a asistencia de aquelas persoa que máis o necesitan. A presidenta da xunta de persoal do Hospital de O Salnés explicou as cámaras de esta casa en que se traduce este peche.

A pesar que dende a xerencia do centro se afirmou que se fora necesario poñela en funcionamento faríase de inmediato, dende o persoal sinalan que non está ocorrendo, xa que pacientes de paliativos e illamento están a compartir a segunda planta do complexo en habitacións que non están adecuadas as súas necesidades.