Educando en convivencia polo camiño da mediación

    grupomediacionpobra_100.jpgA POBRA> No IES Pobra desenvolven un proxecto de innovación educativa. Trátase dun grupo de mediación para resolver conflictos de xeito pacífico.

    A comunidade educativa dun centro escolar aseméllase a unha gran familia nas que poden xurdir intereses contrapostos, problemas de convivencia ou distintos puntos de vista os que, se non se pon freo a tempo, mesmo poden rematar en violencia. Para evitar esta situación nace a mediación, un método no que as partes enfrontadas recorren a unha terceira persoa para resolver o conflicto.

    {flowplayer}barbanza/grupomediacioniespobra.flv{/flowplayer}

    Na constitución desta figura de medidor traballan no IES Pobra coa creación dun grupo formado por profesores, alumnos e pais que aprenden estratexias de resolución de conflictos para mellorar as relacións interpersonais entre os membros da comunidade educativa e reconducir unha situación que está bloqueada.

    Redución das incidencias

    No IES Pobra levan anos procurando crear un clima de cooperación no colexio. Tal é así que os últimos datos revelan que os partes de inicidencias baixaron máis dun sesenta por cento en tres anos. Pero queren ir máis alá: a finalidade principal do servizo de mediación é fomentar entre os alumnos a cultura de non conflicto.

    O grupo traballará o longo de dous meses na adquisición das ferramentas básicas para poder desenvolver as función de mediación. Esta previsto que o servizo comece a funcionar no mes de maio. Se a iniciativa ten éxito dende a dirección do centro esperan que en cinco anos o dez por cento do alumnado esté preparado para actuar na resolución pacífica de conflictos.

    Redacción Barbanza