RIBEIRA> Os socialistas presentaron a lista electoral coa que concorrerán os comicios de maio.
O candidato socialista á alcaldía de Ribeira, Andrés Fariña, concorrerá ós comicios de maio cunha lista totalmente renovada. Así o anunciou durante a comparecencia ante os medios na que daba a coñecer ás 21 persoas que o acompañarán na candidatura, así como tamén os suplentes.
Nos postos dous e tres, Encarna Romero, asesora xurídica da Unidade de Atención a Drogodependentes e Francisco Mareque, actual voceiro da agrupación. No resto da candidatura, dos postos catro ó dez, José Manuel Vilas, María Dolores Fernández Guillán, Ricardo Fernández, María Gude, Antonio Piñeiro, Narciso Coira e Dolores Gómez.
{flowplayer}barbanza/candidaturapsoeribeira.flv{/flowplayer}
Trátase, segundo el, dunha lista con formación, vocación social e una elevada capacidade de servizo á cidadanía.
Segundo anunciou o propio Fariña nas vindeiras semanas ten previsto presentar o o seu programa electoral no que se incluirán propostas concretas para os problemas de Ribeira, tendo en conta as demandas de tódolos colectivos e sectores económicos e sociais do municipio.
Redacción Barbanza