![]()
POBRA > A dirección do Museo Valle-Inclán e o concello pobrés presentou unha denuncia diante da Garda Civil e a Dirección Xeral de Patrimonio polo actos vandálicos …
… e as pintadas que aparaceron en distintas partes do edificio, declarado monumento histórico-artístico de interese nacional. Ó parecer, e segundo as primeiras investigacións, os presuntos autores destes feitos puideron ser rapaces da localidade que empregan este espazo como punto de encontro habitual.
As pintadas, que foron realizadas con rotulador para marcaxe permanente e pintura plástica, aparaceron en distintos puntos do museo pobrés, concretamente nas paredes da fronte principal, na escaleira e no patín, así como tamén no pé da estatua erixida en homenaxe ó escritor pobrés, e que preside a praza.
Dase a circunstancia ademais que a zona do edificio na que se realizaron as pintadas está a ser obxecto de obras de rehabilitación e restauración nestes momentos financiadas pola Consellería de Cultura. Estes actos vandálicos supoñen pois un atranco máis, retrasando o remate das obras e prexudicando aínda máis se cabe unha pedra xa de por si gravemente erosionada.
Redacción Barbanza








