O Museo do Mar de Noia contará con equipos de realidade virtual

NOIA> O concello de Noia traballa no equipamento do Museo do Mar a través do proxecto dos GALP denominado ‘A voz do Mar’. O centro contará con paneis interactivos e equipos de realidade virtual que permitirán ós visitantes realizar un percorrido pola historia mariñeira desta vila medieval.

O investimento de máis de 600 mil euros que supuxo a construción do museo do Mar de Noia verase complementado con outra partida de 200 mil para dotalo dun equipamento do máis innovador. A instalación de proxectores, paneis interactivos e equipos de realidade virtual ofrecerá ós visitantes unha experiencia única na que mergullarse na historia desta vila cunha fonda tradición mariñeira.

A dotación do museo completarase coa cesión de numerosos fondos por parte da asociación ‘Mar de Noia’ que terá un papel moi relevante na xestión do museo.

Haberá tamén unha mostra de fotografías antigas sobre marisqueo e unha exposición de maquetas de motores cedidas por Patelo