‘Instantes que recordar’ co Deportivo Ribadumia

    libro_ribadumia.jpg RIBADUMIA> Un libro sobre o club de fútbol municipal recolle a traxectoria do primeiro equipo e das categorías de base desde o 1959 ata a actualidade.

    ‘Instantes que recordar’ pretende ser unha homenaxe a tódolos afeccionados do Ribadumia e a xente que traballou cóbado con cóbado con xogadores e dirixentes da agrupación deportiva. O libro será presentado mañá no Auditorio Municipal ás sete da tarde, xusto despois do partido que xogará contra o Arousa no campo da Senra.

    A Deputación de Pontevedra colabora co Club Deportivo Ribadumia na publicación desta obra, un repaso pola traxectoria da agrupación, tanto do primeiro equipo como das categorías de base. O libro divídese en dúas partes. A primeira comprende desde o ano 1959 ata o 1994 e inclúe información de carácter histórico sobre a agrupación. A segunda parte reflicte crónicas de partidos, das fichaxes e a traxectoria do Deportivo Ribadumia desde os anos 90 ata a actualidade.

    Durante a presentación da obra repartiranse exemplares a tódolos asistentes. Ademais, os cativos da Escola de Fútbol recibirán un agasallo deportivo.

    Redacción Salnés