Elvira Branco foi elixida coma nova responsable do BNG da Barbanza

BARBANZA> A asemblea comarcal ratificou esta pasada fin de semana a súa candidatura. A exedil ribeirense substitúe no cargo a Luís Pérez Barral que deixa as súas funcións á fronte do consello comarcal por motivos laborais. Entre os obxectivos desta nova etapa, a responsable comarcal plantexa estender o proxecto nacionalista, poñéndose xa a traballar de cara a próxima cita electoral: as autonómicas do 5 de abril. Segundo ela o BNG ten un proxecto, con experiencia e capacidade acreditada para liderar o proceso de cambio político que precisa Galicia.  Coma caras novas, incorpóranse ó consello comarcal de Barbanza a exdeputada no Congreso Rosana Pérez; a voceira do BNG na Pobra, Amparo Cerecedo; e as responsables locais de Rianxo e A Pobra, Mercedes Pimentel e Laura Novelle, respectivamente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí