![]()
VILAGARCÍA> Riscos estruturais, deterioro da instalación eléctrica ou ausencia de servizos básicos nun edificio ‘polo que pagamos uns 18.000 euros ó ano’.
{flowplayer}images/salnes/EU_DEPOSITO_VEHICULOS_RAMAL.flv{/flowplayer}
O grupo de Esquerda Unida de Vilagarcía volve a cargar contra o goberno local, agora para pedir explicacións sobre a situación na que teñen que traballar os operarios das grúas municipais e os axentes da Policía Local que acoden a este depósito de vehículos, así coma os veciños que teñen que entrar nel para recoller os seus coches. Segundo a formación esquerdista, o concello está pagando preto de 18.000 euros ó ano a unha empresa privada polo aluguer dunhas instalacións cun nivel de deterioro ‘escandaloso e aberrante’.
Tampouco estaría dotado, segundo Esquerda Unida, das prestacións básicas esixibles a un edificio de uso público, como auga potable ou aseos. A isto habería que engadir deficiencias na instalacións eléctrica.
Fajardo acusa ó bipartito de permitir que empresas como esta, concesionaria de determinados servizos públicos, actúen con total impunidade mentres polo outro lado se lles está esixindo ós cidadáns o pago puntual dos seus impostos. E engade unha mensaxe para a concelleira de Urbanismo, Tania García, en relación á urbanización de Villa Güimil. Fajardo asegura que xa sabían que os terreos estaban cedidos ó concello desde o 2007, o que piden é que explique por qué non están funcionando os espazos de uso público.
Redacción Salnés






