‘Cambio tranquilo’ á era popular

    goldar3 copia.jpg CALDAS> O candidato do PP á alcaldía Jesús Goldar presentouse como a alternativa a 32 anos de ‘desgoberno’ socialista.

    {flowplayer}images/salnes/GOLDAR_CANDIDATO_CALDAS.flv{/flowplayer}

    O secretario xeral do PPdeG, a súa homóloga na provincia de Pontevedra, o conselleiro de Medio Ambiente, alcaldes populares da comarca do Salnés, deputados autonómicos e nacionais e decenas de militantes congregáronse onte en Caldas para asistir á presentación oficial de Jesús Goldar como candidato á alcaldía polo Partido Popular. Nos discursos dos presentes, un fío común: a necesidade de rematar cun goberno socialista que a nivel local e estatal, está levando á cidadanía, din, a un camiño sen saída. Os populares confían en Goldar para acabar con 32 anos de mandato de esquerdas en Caldas, no seu programa e na tendencia dos resultados obtidos nas últimas citas electorais.

    Porque segundo os populares, tres décadas non lles foron suficientes ó Partido Socialista para levar a cabo proxectos como o Centro Termolúdico ou o xeriátrico, pero si acumular unha débeda de 3.6 millóns de euros. Frente a isto, o PP asegura presentarse cun programa sólido, no que se incluirán necesidades urxentes como a mellora do abastecemento de auga.

    Finalmente, e ante un auditorio cheo ata a bandeira, Goldar comprometeuse a encabezar o ‘cambio tranquilo’ cara a era popular en Caldas.

    Redacción Salnés