Quintela, ¿polémico ou agradecido?

    Nos últimos tempos este concelleiro vilagarcián está a protagonizar algúns episodios pouco habituáis ata a fecha.  Por unha banda erixíuse en portavoz dunha corrente crítica con Touriño dentro do Psoe vilagarcían, polos nombramentos da Xunta, e por outra, "pelésase" coa Policía Nacional.

    A cuestión de fondo é si estas e outras perlas son iniciativas súas, ou se pola contra, traballa o dictado de alguén.

    Os sindicatos policiais de Vilagarcía declararon a Alejandro Quintela persona non grata polas súas críticas ó corpo de Policía Nacional. Ademais, anunciaron que non acudirán á celebración conxunta dos Anxos Custodios. O PSOE comarcal e o goberno municipal sairon xa en defensa do concelleiro de Seguridade Cidadá.

    As críticas do concelleiro de Seguridade Cidadá de Vilagarcía ó traballo na Comisaría de Policía Nacional seguen facendo mella. Os sindicatos policiais declararon a Alejandro Quintela persoa non grata e xa anunciaron que os axentes nacionais non asistirán o luns á festa dos Anxos Custodios. O concelleiro xa anunciara que se mantería, como tódolos anos, a celebración conxunta entre os corpos de policía local e nacional. Pero a ferida segue aberta polas declaracións de Quintela, que chegou a acusar ós axentes nacionais de non cumprir coa súa labor e de quedarse cos méridos da policía local. O tema foi levado onte a pleno. O alcalde leu as interpelacións formuladas por escrito polo PP, que respondeu o propio Quintela.

    Hoxe, a executiva comarcal do PSOE saía en defensa de Alejandro Quintela. Considera desproporcionada a medida dos sindicatos policiais e lembra que o edil foi o principal impulsor da consecución das novas instalacións da Policía Nacional.

    Pola súa banda, o alcalde de Vilagarcía calificou de decisión errónea a protesta sindical. Reafirmou a súa confianza no edil e suscribe a súa petición de máis medios para a Policía Nacional.