Falece un home esmagado por unha pedra de dúas toneladas

    suceso_meano copia.jpg MEAÑO> O mozo era propietario dunha empresa de construción e atopábase levantando un muro nunha finca privada.

    {flowplayer}images/salnes/SUCESO_MEANO.flv{/flowplayer}

    O fatal suceso aconteceu en torno ás oito e media da mañá. Nesta finca situada no lugar de Simes, en Quintáns, Meaño, traballaba a vítima, un mozo dunha trintena de anos, segundo relataron a esta canle veciños da zona. Residía na actualidade na parroquia de Noalla, en Sanxenxo, e era propietario dunha empresa de construción. Esta mañá estaba traballando neste terreo levantando un muro de pedra. Ó parecer, de acordo coas informacións facilitadas polos veciños da zona, o home atopábase na parte superior do terreo montado na camioneta na que transportaría a pedra. Por un corremento da terra ou por efecto do peso do vehículo e o desnivel, o camión comezaría a desestabilizarse e todo apunta a que o accidentado saltou do vehículo para poñerse a salvo coa mala fortuna de que a pedra coa que traballaba, de dúas toneladas de peso, se veu abaixo caéndolle enriba.

    Ata o lugar desprazouse un equipo de urxencias médicas, unha dotación dos Bombeiros do Salnés e Protección Civil de Sanxenxo. Segundo nos informan os quipos de emerxencias, a vítima falecería no acto.

    Redacción Salnés