O Conselleiro de cultura inaugura o I Foro de Turismo de Sanxenxo

    foro_turismo_100.jpgSANXENXO> Sanxenxo acolle desde hoxe e ata o xoves a primeira Edición do Foro de Turismo de Sanxenxo; un congreso que ten por lema Destino,…

     {flowplayer}images/salnes/050509_foro_turismo_sanxenxo.flv{/flowplayer}

    … sostenibilidad, empresa y rentabilidad. O encargado de abrir a sesión inaugural desta tarde foi o novo Conselleiro de Cultura, Roberto Varela; unha carteira que acollerá a partir de agora ós asuntos do turismo, no canto da Consellería de Industria, por medio dunha Secretaría Xeral; e non unha dirección Xeral como foi nos últimos catro anos.

    Un campo de ubicación, que segundo o propio Varela, responde á necesidade de dinamizar e prestar unha atención diferenciada a este sector, que significa o 12 % do PIB galego, e que emprega o 13 % dos recursos humanos a nivel autonómico. O titular de Cultura, aproveitou o acto para facer unha completa declaración de intencións do que vai a ser a súa política turística nos vindeiros catro anos.

    Ó longo destes tres días que vai a durar o Foro, pasarán por este Pazo Emilia Pardo Bazán sanxenxino destacados profesionais do ámbito de economía e do turismo; o asociacionismo e as novas tecnoloxías.

    Un destes expertos, Antonio de María Ceballos, Presidente de Horeca Cádiz, foi recibido esta mañá no Concello onde asinou no libro de honra do Concello e recibiu un agasallo de vendida de mans da Alcaldesa Local, Catalina González.

    Redacción Salnés