Ruptura das negociacións para un pacto de esquerdas en Caldas

    CALDAS> A asemblea do BNG de Caldas ven de ratificar este pasado xoves os puntos que levaron o día antes á ruptura das negociacións entre os …

    {flowplayer}images/salnes/bng_caldas.flv{/flowplayer}

    …socialistas e os nacionalistas caldenses a prol dun goberno estable. Logo de varias conversas e da boa disposición ó pacto de ámbolos dous grupos, desde o PSdeG pareceulles moito o que pedía o líder nacionalista, Tati Abalo. Este proposta nacionalista de goberno esixiría tamén un control máis racional do gasto corrente e a necesaria aprobación dos gastos por parte do interventor municipal. A cambio comprometíanse a garantir catro anos de pacto leal e traballo constructivo nun bipartito de esquerdas; algo ó que o PSOE se opuxo en varios puntos. Os nacionalistas racharon as negociacións aínda que amosándose dispoñibles para futuros acordos. 

    Con todo, confían en que a súa oferta é razonable e máis se se compara con outros acordos semellantes en concellos da contorna. De non haber acordo farán labores de oposición ben distinta á da lexislatura anterior, na que a política de apoios puntuais pensan que foi mal entendida pola poboación e castigada cos votos nas pasadas eleccións municipais.

     Redacción Salnés