‘A formación é a clave para enfrontarse ó mercado laboral’

    escola_taller_cambadoscopy.jpgCAMBADOS> Estas eran as palabras de Andrés Hermida durante a súa visita ós alumnos do obradoiro de emprego ‘As Tellerias II’.

    {flowplayer}images/salnes/OBRADOIRO_EMPREGO_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    Esta mañá o director de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, visitou o concello de Cambados. O motivo era coñecer o traballo que están a desenvolver os alumnos do obradoiro de emprego ‘As Telleiras II’.

    A visita comezou na Escola Taller de Cambados na que o director de Promoción do Emprego estivo acompañado polo alcalde do municipio e Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra.

    Alí puideron ver de primeira man o traballo que están a realizar os alumnos deste Obradoiro, configurado en tres módulos: albanelería, xardinería e carpintería.

    Andrés Hermida destacou a importancia destes talleres para a formación de persoas desempregadas xa que ó mesmo tempo teñen un posto de traballo.

    As 36 persoas que participan neste obradoiro, levaron a cabo diferentes melloras nos centros socio- culturais do Couto- Castrelo e da Valada, o acondicionamento da telleira dos Vieites ou a urbanización da rúa Barcelona, que xa está rematada.

    Neste obradoiro, a maioría dos alumnos, nun 80% son mulleres. Neste senso, Andrés Hermida confesou que isto da conta do apoio que ofrecen ó sector feminino desde a Consellería. Ó tempo reiterou a existencia de liñas de axuda para estes alumnos para a constitución de empresas unha vez rematen o obradoiro.

    Por último, Aragunde confesou que solicitarán máis obradoiros destas características para seguir ofrecendo formación ós veciños do municipio.

    Redacción Salnés