A xustiza da a razón ó arquitecto cesado da Illa

    O xulgado anulou o acordo plenario que cesaba ó arquitecto da Illa de Arousa. A decisión non terá efectos prácticos, xa que o mandato do pleno non foi executado. Este fallo abre a posibilidade de que o demandante recurra á vía penal contra os edís.

    Os xulgados de Pontevedra decidiron darlle a razón ó arquitecto da Illa de Arousa no recurso contencioso-administrativo que éste presentara contra o Concello tralo acordo plenario que decidiu o seu cese.

    Así, a xustiza decidiu considerar nula a decisión da corporación de cesar ó técnico municipal que entonces desempeñaba as súas tarefas no concello da Illa. De todas formas, a sentencia non terá efectos prácticos, xa que o alcalde non chegou a executar o acordo plenario. Ademai, dáse a circunstancia de que poucos meses despois de iniciarse o conflicto, o arquitecto decidiu abandonar voluntariamente o seu posto e xa non figura na nómina do Concello illeño.

    En calquera caso, o fallo dos xuíces abre a posibilidade de que o demandante recurra á vía penal contra os concelleiros que estiveron no momento da votación no pleno. Lembramos, que o cese do arquitecto foi aprobado cos votos da oposición, PP, BNG e Independientes pola Illa e co voto en contra do PSOE.