Deteñen a Marcial Dorado e á súa filla por branqueo de capitais

    marcial_dorado100.jpgA ILLA> A Axencia Tributaria desmantelou a rede internacional de narcotráfico liderada por Marcial Dorado e con epicentro na Illa.

    {flowplayer}images/salnes/MARCIAL_DORADO.flv{/flowplayer}

    A ILLA> A Axencia Tributaria desmantelou a rede internacional de narcotráfico máis importante de Galicia. O centro de operacións desta rede estaría na Illa de Arousa e á súa fronte estaría Marcial Dorado, que compareceu hoxe na Audiencia Nacional ante o xuíz Grande Marlasca.

    Marcial Dorado é un dos históricos do contrabando. Está procesado na operación Retro por un alixo de seis toneladas de cocaína e agora está detido por branqueo de capitais. Nesta nova operación, a Axencia Tributaria embargou contas por valor de tres millóns de euros e inmobles por doce millóns e tamén dous iates e oito coches de luxo.

    Segundo a Axencia Tributaria a estrutura financeira da organización de Marcial Dorado tería ramificacións en Suíza, Illas Virxes, Liechtenstein, Andorra, Belice, Bahamas, Portugal e Marrocos. A investigación por branqueo de capitais permitiu a detención doutras 9 persoas, entre elas a súa filla,a avogada María Dorado. Os axentes tamén fixeron rexistros en Pontevedra, Madrid e Sevilla.

    Redacción Salnés