A Xunta renovará a Biblioteca Irmáns Camba

    irmanscamba copia100.jpgVILANOVA> O edil de Cultura, José Juan Durán, presentou hoxe o proxecto para o que o goberno autonómico destinou ó redor de 30 mil euros.

    {flowplayer}images/salnes/REMODELACION_BIBLIOTECA_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Mellora da distribución e do mobiliario son as principais actuacións que a Xunta realizará na biblioteca municipal vilanovesa Irmáns Camba.

    O proxecto habilitará unha zona de lectura infantil e un espazo de xogos para os máis pequenos, plans que se completarán coa disposición dun espazo de hemeroteca e a renovación do mobiliario da zona de adultos, que dispón de 18 postos de lectura.

    Ademais das zonas de lectura, que dispoñen un fondo de 10.160 volumes, o proxecto acometerá a renovación do despacho do bibliotecario e do mobiliario da zona de internet. Actuación que se completará coa renovación do piso e do alumeado interior e exterior.

    As obras de mellora, que contan cun orzamento de ó redor de 30 mil euros, comezarán na primeira quincena de abril. A pesares de que tardarán preto de dúas semanas en estar rematadas, dende o concello non se contempla o peche da biblioteca.

    Redacción Salnés