Os escolares de Vilaxoán arrancan o día cun almorzo saudable

    almorzovilaxoan100.jpgVILAGARCÍA> Os alumnos do colexio de Vilaxoán iniciaron hoxe o programa de Almorzos Saudables, impulsado pola concellería de Educación de Vilagarcía.

    {flowplayer}images/salnes/almorzos_saudables_vilaxoan.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Leite, zume de laranxa, iogur, unha mazá e un bocadillo. Así de saudable comezou hoxe o día para estes alumnos do primeiro curso de Primaria do colexio de Vilaxoán, en Vilagarcía.

    Con eles arrancou o programa Almorzos Saudables, impulsado pola concellería de Educación. O obxectivo é que os nenos aprendan por que esta é a comida máis importante do día. Este plan de almorzos saudables inclúe leite, iogur, moita froita e cereais e algún alimento de orixe animal. Mañá, os nenos de Vilaxoán arrancarán o día cun almorzo de estilo francés.

    A concellería de Educación conta coa colaboración das empresas Larsa, Frutas Raudal, Embutidos Montiño e Panadería Víctor Cordo e Hijos, que achegan os alimentos. Tamén participa a Unidade de Saúde Dental do Centro de Saúde de Vilagarcía, que aporta cepillos de dentes e dentífrico. A iniciativa continuará nos vindeiros días nos colexios do Piñeiriño, A Escardia e Rubiáns.

    Redacción Salnés