Sanxenxo busca implicar a máis centros de saúde contra a violencia de xénero

    mesa_violencia_sanxenxo100.jpgSANXENXO> Aumentar a implicación dos centros de saúde para detectar e derivar ó CIM casos de malos tratos. Este é un dos obxectivos …

    {flowplayer}images/salnes/reunion_mesa_violencia_xenero_sanxenxo.flv{/flowplayer}

    SANXENXO> Aumentar a implicación dos centros de saúde para detectar e derivar ó CIM casos de malos tratos.

    Este é un dos obxectivos que se marcaron esta mañá en Sanxenxo na Mesa Local contra a Violencia de Xénero. De momento, neste órgano participa só o ambulatorio de Baltar, onde os propios médicos son os que solicitan cita no CIM para as posibles víctimas, evitando así a intención de pedir axuda se perda polo camiño. Espérase que na seguinte Mesa estea tamén un representante do Centro de Saúde de Vilalonga, onde o CIM xa iniciou contactos.

    Na reunión desta mañá tamén se falou de traballar para educar á poboación para poder detectar casos de maltrato psicolóxico, como xeito de frear unha violencia a maiores.

    En Sanxenxo hai arestora 12 casos activos. E a partir de agora os expedientes que teña a Policía Local de Sanxenxo serán recollidos no Sistema de Seguimento Integral de Violencia de Xénero do Ministerio de Interior.

    Redacción Salnés