Álvarez-Campana presenta o proxecto de reforma do porto

    presidente_portos_vilanovacopy.jpgVILANOVA> A primeira fase recolle a construción dun edificio de servizos e dunha estación marítima e a reforma integral da lonxa.

    {flowplayer}images/salnes/PRESIDENTE_PORTOS_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Hoxe mesmo dábanse por iniciadas as obras no porto de Vilanova que aglutinan a creación dun edificio de servizos que contará cunha zona de almacén e vestiarios.

    No caso da lonxa, esta experimentará unha transformación integral e a nova estación marítima ocupará a antiga lonxa que contará cunha tenda, cafetería e taquilla para a venta de billetes. Estas obras contan cun prazo de execución de trece meses.

    Nunha segunda fase, executarán a construción dun novo vial ó porto tralo derribo da antiga nave de Charpo. Nestes momentos, o proxecto atópase en fase de licitación pero agardan adxudicar a obra a finais deste mes, de xeito que, en abril comecen as obras.

    Ambas actuacións contan cun orzamento de tres millóns de euros. Estas obras tamén acollen a corrección do pantalán que permitirán o amarre a ambos lados

    Esta obra, tal e coma confesou o alcalde do municipio, ven a dar un impulso á actividade portuaria.

    Durán aproveitou a visita do Presidente de Portos para facerlle outras peticións como a instalación dunha gasolineira ou a modificación o dique de abrigo do porto novo.

    Redacción Salnés